O día 16 de maio, xunto coa celebración dos maios e das letras galegas, puidemos inaugurar a nosa extensión da biblioteca ao aire libre. Damos grazas a Juan, quen cordinou e traballou en todo o proceso xunto co Obradoiro do Concello (a quen tamén agradecemos o seu traballo).
Agora todo o alumnado poderá desfrutar da lectura e da aprendizaxe significativa ao aire libre.
Celebramos o Día
das Letras Galegas no colexio por todo o alto.
Este ano quixemos que as
familias foran participes das actividades que realizamos co alumnado, por iso
decidimos que participaran na elaboración das alfombras florais que se
elaboraron por cada aula no patio.
Os cursos de quinto e sexto de primaria foron os encargados de crear os dous
maios. Sendo o alumnado de quinto de primaria os que inventaron as coplas dos maios para ese día cantarlle ao ritmo de pandeiretas, cunchas…
Como este ano dedícase
o Dia das Letras Galegas as pandereiteiras tivemos a sorte que un grupo de nais viñeran a cantar acompañadas das súas pandeiretas.
Así mesmo a biblioteca encargouse de mostrar uns traxes tradicionais da nosa cultura acompañados de instrumentos musicais.
En definitivo unha xornada chea de cultura, identidade, convivencia, creatividade, diversión...
O concello agasallonos con varios libros do mesmo título de Luísa Villalta na semana das Letras Galegas, "O violino de Luísa" de Verónica Santalices.
Estes libros xa foron catalogados, enviado unha mostra a cada aula de primaria e unha para a biblioteca. Grazas!!
"O silencio apoderouse da Coruña. O vento e os reloxos enmudeceron. O mar, calmo, semella de chumbo. Non se oen nin as cantigas das redeiras na praia, nin as coplas dos mariñeiros nas tabernas antes de regresar á casa. A Música e a Poesía desapareceron para asombro e tristura de toda a veciñanza. A nena Luísa Villalta e o seu inseparable compañeiro, Violino, inician unha emocionante aventura ..."
Esta semana, con motivo da celebración das Letras Galegas, o alumnado de 1ºB estivo traballando a poesía. Un dos libros elixidos foi "Verdedades" de Yolanda Castaño. Algúns dos poemas deste libro foi gravado na radio. Esperamos que vos guste!
Para conmemorar as Letras Galegas o alumnado de 1ºA de E.P. estiveron lendo poemas do escritor vigués Antonio García Teijeiro, como lles gustaron tanto decidiron aprender e recitar estrofas do libro "Bolboretas no papel."
A ilusión foi total cando foron gravarse e se poideron escoitar. Que ben o pasaron!
O xoves 16 de maio ás 12 da mañá tivemo no centro a actuación de Magin Blanco, subvencionado pola comunidade de montes de Tameiga.
O equipo da biblioteca organizou unha exposición cas súas obras, parte delas foron proporcionadas por unha familia que pertenceu ao noso centro, polo que lle damos as grazas.
A Magín encantoulle.
Magín Blanco é un compositor, guitarrista e cantante galego. Comezou a súa carreira musical no grupo ourensán La Rosa co que editou catro discos entre 1988 e 1995. Desde o ano 2006, lanzou tres discos en solitario antes de dedicarse á música infantil. Xunto coa compañía Ghazafellos representa A nena e o grilo nun barquiño, unha combinación de teatro e música, tanto en galego como en castelán. En 2012, máis de trinta músicos colaboraron no disco-homenaxe Doutor Apertas.
A biblioteca sufragou e organizou, para o luns 13 de maio, dúas obras de teatro co grupo de teatro Tarabelos para todo o alumnado. Na primeira obra estiveron Educación Infantil, 1º e 2º de E.P. e na segunda 3º,4º,5 e 6º de E.P
Desfrutaron dunha obra teatral en galego titulada "Sabela e o paxaro máxico" puideron compartir risas, expectación, sorpresas, creatividade, imaxinación...e todo na nosa fermosa lingua!
Un ano máis celebramos no centro a semana das Letras Galegas con actividades diversas:
Como cada curso, especialmente nesta semana, nas diferentes aulas adícase a traballar a figura homenaxeada das Letras, neste caso Luísa Villalta.
A comisión da biblioteca organizou un recuncho cos libros da autora e un expositor, na entrada da biblioteca, coas novidades mercadas nestes dous últimos meses en lingua galega.
Ademais a Biblioteca sufragou e xestionou, para o luns 13 de maio, dúas obras de teatro co grupo de teatro Tarabelos para todo o alumnado.
O mércores 15 teremos durante toda a mañá o festival das Letras Galegas onde haberá actuacións de cada grupo de clase e proxección de vídeos de Luísa Villalta.
O xoves 16 de maio contaremos ca actuación no centro do músico Magín Blanco, subvencionado pola Comunidade de Montes de Tameiga.
------------------------------------------
Este ano o 17 de maio está dedicado á poeta coruñesa Luísa Villalta (1957-2004), coincidindo co vixésimo aniversario do seu falecemento.
Luísa Villalta naceu o 15 de xullo de 1957 na Coruña. Titulada superior de violín, a música foi un elemento principal na súa mocidade, chegando a formar parte da Orquestra de Santiago e da Xove Orquestra de Galicia.
Tras licenciarse en Filoloxía Hispánica e en Galego-Portugués pola Universidade de Santiago de Compostela en 1982, apostou por dedicarse ao ensino.
Como todos os anos celebramos por todo o alto o Día das Letras Galegas con
actividades de todo tipo: Concurso de banda deseñada, relatos e vídeo; teatro; murais
e traballos en torno ao autor homenaxeado, contos creados para o kamishibai.
Un grupo de alumnado de 4ºA formado por Noé, Alex, Claudia e Esthela déronlle voz a un conto de Xela Arias títulado "O avó Manuel", que se atopa no libro "No te amoles", que ela escribiu cando era unha cativa.
Con este programa tan poético sobre Xela Arias, a protagonista deste ano nas Letras Galegas, o alumnado de 4º A participou no terceiro concurso de podcats organizado pola Asesoría de Bibliotecas Escolares.
Neste 2021 adícaselle o Día das Letras Galegas a Xela Arias (Sarria, 1962-Vigo, 2003).
Poeta, tradutora e editora, desenvolveu o seu traballo profesional en Edicións Xerais entre 1980 e 1990.
Tras licenciarse en Filoloxía, exerceu como profesora de ensino secundario ata o seu falecemento.
Como poeta, publicou os libros «Denuncia do equilibrio» (1986); «Tigres coma cabalos» (1990), en colaboración co fotógrafo Xulio Gil; «Darío a diario» (1996); e «Intempériome» (2003).
Posuidora dunha voz inclasificable, a súa obra poética está marcada pola innovación e unha intención transgresora da palabra.
Como tradutora, verteu ao galego obras de Fenimore Cooper, Jorge Amado, James Joyce, Camilo Castelo Branco, Roald Dahl, Angela Carter, Baudelaire ou Alice Vieira, labor polo que recibiu recoñecementos como a Medalla do Premio de Tradução Sociedade de Língua Portuguesa, o Premio Ramón Cabanillas de Tradución ou o Premio Plácido Castro.
A continuación a escritora Yolanda Castaño, autora do libro "Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias" , fala nun vídeo para as persoas máis pequenas.
A clase de Infantil de 5 anos está estudando a vida e obra de Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado neste ano de celebración atípico das Letras Galegas. Polo que a súa mestre,Verónica, realizou un lindo vídeo ilustrativo conmemorativo.
Nesta aula de Infantil realizaron un tenro vídeo colaborativo, para estas Letras Galegas, cas agarimosas voces do alumnado e das familias, da obra "As pitas baixo a choiva" de Carvalho Calero.
Traemos outro fermoso poema de Ricardo Carvalho-Calero, esta vez da man do duo A Minha Embala que canta "Maria Silencio". Imaxens da nosa Terra con substítulos.
A Minha Embala é un proxecto da angolana Aline Frazão e do segoviano César Herranz, que participaron co tema Maria Silêncio, gañando o concurso Musicando Carvalho Calero no ano 2010, cuxo obxectivo é musicalizar a obra poética deste autor.
Cada ano chegados a mediados do mes de maio celebramos no colexio a Semana das Letras Galegas,con prantexamento de diferentes actividades durante varios días para rematar nun fermoso festival.
Neste curso o confinamento impídenos celebralo no colexio, pero imos agasallar igual a nosa Lingua adaptándonos ás novas circunstancias.
A continuación aparece o fermoso cartel anunciador das diferentes actividades, se pinchades iredes ao blog de Dinamización da Lingua da Lúa de Mos onde están colgadas as actividades.
Este ano temos un reto colaborativo para todos/as os que queiran realizar unha foto, para efectuar posteriormente unha montaxe, bailando un valse ao ritmo da música "CALQUERA PROBLEMA DO MUNDO SE PODE ARRANXAR BAILANDO" https://www.youtube.com/watch?v=Wgx7BePA_ug&feature=emb_logo Animádevos a participar!!
Este ano o Día da Letras Galegas adicánselle a Ricardo Carballo Calero (Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 1990), que dende o ano 1981 asinou as súas obras e escritos como Carvalho Calero.
Para ir coñecendo a súa obra traemos este seu poema musicado.
Carmen Penim deulle voz e música a este bonito poema e Maurizio Polsinelli encargouse do piano e arranxos. Son o Dúo 2naFronteira. Disco que no 2015 gravaron "SONS DE NÓS" con poemas da revista Nós: Otero Pedrayo, Blanco Amor, Carballo Calero, Xosé Velo, Francisca Herrera, Bouza Brey...
NOVIDADES LITERARIAS PARA CELEBRAR O DÍA DAS LETRAS
O Día das Letras é unha data consagrada á exaltación e promoción da nosa literatura e da nosa lingua arredor da cal se celebran no noso país, e no estranxeiro, numerosas producións e eventos culturais de homenaxe á figura escollida. O 20 de marzo de 1963, coincidindo co centenario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, os académicos de número Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo propuxeron a celebración do Día das Letras Galegas.
O 28 de abril do mesmo ano, en Xunta ordinaria, a Academia resolveu, por unanimidade, aprobar esta proposta e declarar Día das Letras Galegas o 17 de maio de cada ano.
Desde 199 o 17 de maio, Día das Letras Galegas, é festividade oficial en Galicia. Constitúe, ademais, a meirande conmemoración da nosa cultura e, arredor dela, desenvólvense numerosos actos organizados non só desde a Academia, senón tamén desde a Xunta de Galicia, os concellos, os centros de ensino e outras entidades ou agrupacións civís que participan, en conxunto, no labor de coñecer, honrar e difundir a memoria e a obra da persoa homenaxeada.